
Proxectos e metodoloxía BIM: precisión, colaboración e innovación
En Exproco integramos a metodoloxía BIM (Building Information Modeling) en todos os nosos proxectos para garantir unha execución rigorosa, visualización avanzada e coordinación eficiente. O noso equipo especializado emprega ferramentas colaborativas que permiten optimizar prazos, custos e calidade en cada fase do proxecto.
O que destaca do noso enfoque BIM:
En Exproco realizamos todo tipo de obras, desde a escavación inicial ata a entrega final. Ofrecemos solucións personalizadas, cumprindo prazos e garantindo a máxima calidade en cada proxecto.
Visión integral desde o inicio
Desenvolvemos modelos dixitais 3D que inclúen arquitectura, estrutura e instalacións, facilitando a detección anticipada de interferencias e o control orzamentario durante todo o ciclo de vida do proxecto
Colaboración fluída entre axentes
BIM actúa como un punto central de intercambio de información, permitindo que promotores, arquitectos, enxeñeiros e equipo de obra compartan e actualicen datos en tempo real, reducindo malentendidos e mellorando a eficacia colectiva
Gestión optimizada de custos e prazo
As estimacións orzamentarias e a planificación temporal son máis precisas grazas ao uso de modelos 4D/5D, o que minimiza riscos e evita traballos redundantes ou correccións custosas