A EMPRESA

CONSTRUCTORA EN Ourense

A nosa constructora conta con oficinas en Ourense e en Xinzo de Limia

especialistas en:

EXPROCOC: COMPROMISO, CALIDADE E EXPERIENCIA NA CONSTRUCIÓN

En Exproco levamos anos construíndo proxectos que se converten en fogares e espazos de valor. O noso compromiso é ofrecer un servizo próximo, profesional e transparente, acompañándote en cada paso do proceso. Traballamos co obxectivo de superar expectativas, unindo tradición, innovación e un equipo humano que garante resultados sólidos, estéticos e duradeiros.

3 razóns de porque nos elixen os nosos clientes

CONSTRUCIÓN INTEGRAL DE VIVENDA: O TEU FOGAR, EN MANS SEGURAS

Somos expertos en construcción residencial en Ourense e provincia, construímos máis que vivendas: creamos espazos únicos adaptados a ti. Atendémoste nas nosas oficinas de Xinzo de Limia e Ourense, onde escoitaremos as túas ideas e convertémolas en proxecto. Se o prefires, envíanos a túa proposta por correo electrónico e, en pouco tempo, recibirás un orzamento claro, detallado e pensado para facer realidade o teu fogar.

SOLUCIÓNS COMPLETAS, RÁPIDAS E EFICACES

No sector da construción, o tempo e a calidade marcan a diferenza. En Exproco como constructora ofrecémosche un servizo integral que inclúe deseño, planificación e execución, todo coordinado polo noso equipo de especialistas. Dispoñemos de maquinaria propia adaptada a cada traballo e profesionais cualificados en todas as áreas, para que cada proxecto se desenvolva cunha xestión áxil, segura e sen sorpresas.

SOLUCIÓNS CONSTRUCTIVAS, TRADICIONAIS OU INNOVADORAS

Cada proxecto que asumimos é único e personalízase ata o último detalle. En Exproco traballamos con materiais de primeira calidade e técnicas innovadoras que garanten un resultado impecable. A nosa experiencia combina o mellor das construcións tradicionais coas solucións máis actuais, ofrecendo propostas que inspiran e satisfán tanto a clientes como a arquitectos que buscan excelencia, estilo e innovación en cada obra.

Algún dos nosos traballos

CONTACTO

Formulario